Amante dos instantes poéticos que a a vida me depara. Fascíname o sorprendente da existencia. O latente.O máis fermoso da vida é vivila.
Herdo
Nas casas de bonecas de Playmobil
non cabían os soños futuros
nin o sabor do pan recén feito
da avoa Mercedes
as viaxes á praia
na furgoneta branca con Matilde e Manolo
Non cabía a canción das Spice Girls
que bailabamos con movementos arrítmicos
o lento transcorrer dos días de verán
xogando ás agachadas
nin os contos da Santa Compaña
que non me deixaban durmir
do meu primo Xurxo
tampouco tiñan cabida
os cadernos Rubio,
as ensinanzas de mamá e papá
nin a miña impaciencia
recreamonos nas marxes exhaustos absortos na mirada do outro
Os amantes non entenden de límites. Só dos que tenden ó infinito
Caer no delirio precipitarse nel inequívocamente sentila éxtase transitar os angostos terreos do desexo os ríos de paixón que desembocan nun clímax inesquecible nos que a unidade formada polos corpos entrelazados afógase na paixón efémera da paradoxal condición humana
Atoparte
(sen) decatarme
nas encrucilladas
que me cohabitan
Imaxinarnos na utopía
dun amor que perdure
Trascender este mundo hipócrita
fuxindo a unha galaxia non descuberta
onde nos alimentemos do luar e a eternidade nos pertenza inmortais
Soño esperta as noites de lúa chea aderezadas con conversas. Cos menceres posteriores que lembran solpores postergados que teñen como protagonista voces enigmáticas que saben a licor doce.
Tebras que me envolven nunha eterna espiral. Labirinto oscuro. Clamo por atopar a saída. O camiño que me conduce cara min.
Enredadeira, poema versionado pola amiga Menina Arroutada 😊
Ésta non é unha historia típica, nin en forma nin en contido, mais alberga o sentimento dun pobo, e a díficil reciprocidade lingüística entre ese pobo e a súa lingua propia. Coñecida por todos e todas nós, mais querida por menos e desprestixiada polas esferas de poder dende tempos inmemoriais, a lingua galega é unha supervivinte, unha loitadora, nexo de unión e metáfora viva do pobo galego. Representa con esa loita por sobrevivir a de milleiros de emigrantes (os milleiros de emigrantes actuais a Alemaña, os netos daqueles que se viron obrigados a deixar Galiza para ir á Arxentina e a Suíza). Contén dentro dela a fermosura desa loita por pervivir, esos sons melódicos expresados en tantos e tantos cantos de taberna, a idiosincrática retranca galega, o amor pola terra e o soño de ser por sempre. A lingua galega traspasou fronteiras, muros, engranaxes sociais impostos e segue viva, sen ningún tipo de apoio institucional por parte dun Partido Popular, que fai oídos xordos a un idioma que lles resulta alleo, porque resultan ser uns apátridas na terra galega, o autoodio idiomático, cultural, persoal e visceral que ditos gobernantes teñen á lingua é digno dun estudo pormenorizado a ditas mentes pechadas ó sentir galego e receptivas de máis ó de Madrid. A ambición desmesurada política, laboral e a presión social afectan a día de hoxe ó galego, menoscabándoo, tratando de convertilo nun reduto sen importancia, mais xa é hora de espertar. Espertaremos, polo galego, por tódolos nosos antepasados e por nós. Mudar as tornas é fundamental na esfera política e na esfera social. Só así salvaremos ó idioma e a nós mesmos nun contexto actual que invita á desesperanza pero que non rematar coa alegría e loita dun pobo que naceu para ser galego.
Abrazaríate en cada utopía,
das coordenadas non escritas,
ti es o meu enigma
Desentrañar no teu interior
as voces dos nenos que foches,
as inquedanzas que os teus alter egos
me narran
Ti e eu inmortais,
No limbo da suxerente lírica
que claman as tuas pupilas
ó pousarse no meu iris
Vertería tódolos medos
por un instante contigo,
amaríate nun cosmos inventado
no que voaríamos errantes
nós, inmortais
Luz filtrada entre os cristais.
colma de esperanza o atardecer.
A quietude é tal,
que semella soar o silencio.
A caída do sol convértese
na primeira melodía da noite.
Noite melancólica, enigmática,
amiga dos pensadores e das esmorgas.
Testigo das cousas que se agochan
trala mudante lúa.
O son do silencio impregnao todo,
brota como un elixir sen fin
derrubando muros, unindo persoas,
como une sons na melodía
do soño da noite que será día.
Co amencer, desperta o soño.
De fondo, soa a melodía da noite,
desta vez sen silencios,
desta vez interpretada polo sol,
que xunto a lúa,
une noite e día,
une morte e vida,
une soño e realidade,
para converter a noite en día.