Ésta non é unha historia típica, nin en forma nin en contido, mais alberga o sentimento dun pobo, e a díficil reciprocidade lingüística entre ese pobo e a súa lingua propia. Coñecida por todos e todas nós, mais querida por menos e desprestixiada polas esferas de poder dende tempos inmemoriais, a lingua galega é unha supervivinte, unha loitadora, nexo de unión e metáfora viva do pobo galego. Representa con esa loita por sobrevivir a de milleiros de emigrantes (os milleiros de emigrantes actuais a Alemaña, os netos daqueles que se viron obrigados a deixar Galiza para ir á Arxentina e a Suíza). Contén dentro dela a fermosura desa loita por pervivir, esos sons melódicos expresados en tantos e tantos cantos de taberna, a idiosincrática retranca galega, o amor pola terra e o soño de ser por sempre. A lingua galega traspasou fronteiras, muros, engranaxes sociais impostos e segue viva, sen ningún tipo de apoio institucional por parte dun Partido Popular, que fai oídos xordos a un idioma que lles resulta alleo, porque resultan ser uns apátridas na terra galega, o autoodio idiomático, cultural, persoal e visceral que ditos gobernantes teñen á lingua é digno dun estudo pormenorizado a ditas mentes pechadas ó sentir galego e receptivas de máis ó de Madrid. A ambición desmesurada política, laboral e a presión social afectan a día de hoxe ó galego, menoscabándoo, tratando de convertilo nun reduto sen importancia, mais xa é hora de espertar. Espertaremos, polo galego, por tódolos nosos antepasados e por nós. Mudar as tornas é fundamental na esfera política e na esfera social. Só así salvaremos ó idioma e a nós mesmos nun contexto actual que invita á desesperanza pero que non rematar coa alegría e loita dun pobo que naceu para ser galego.

Publicado por Iris Carro

Amante dos instantes poéticos que a a vida me depara. Fascíname o sorprendente da existencia. O latente. O máis fermoso da vida é vivila.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: