Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar

Vaivén de ollos que se perden nunha mirada latente,

presos da liberdade de saber cara onde mirar.

Liberdade de simultánea serenidade e apoxeo,

de rumores encontrados nunha soa voz,

de sístoles e díastoles embravecidas,

de contradicións aparentes e certezas difusas

rexurdindo sen fin.

Iránse e volverán,

trazando a intermitente liña

que une mente e alma

nas encrucilladas da vida

Volverán e iranse,

para permanecer finalmente

na eterna dúbida do existir

Vaivén de ollos que se perden nunha mirada latente

presos da liberdade de saber cara onde mirar.

Anuncio publicitario

Herdo

Nas casas de bonecas de Playmobil

non cabían os soños futuros

nin o sabor do pan recén feito

da avoa Mercedes

as viaxes á praia

na furgoneta branca con Matilde e Manolo

Non cabía a canción das Spice Girls

que bailabamos con movementos arrítmicos

o lento transcorrer dos días de verán

xogando ás agachadas

nin os contos da Santa Compaña

que non me deixaban durmir

do meu primo Xurxo

tampouco tiñan cabida

os cadernos Rubio,

as ensinanzas de mamá e papá

nin a miña impaciencia