Luz filtrada entre os cristais.

colma de esperanza o atardecer.

A quietude é tal,

que semella soar o silencio.

A caída do sol convértese

na primeira melodía da noite.

Noite melancólica, enigmática,

amiga dos pensadores e das esmorgas.

Testigo das cousas que se agochan

trala mudante lúa.

O son do silencio impregnao todo,

brota como un elixir sen fin

derrubando muros, unindo persoas,

como une sons na melodía

do soño da noite que será día.

Co amencer, desperta o soño.

De fondo, soa a melodía da noite,

desta vez sen silencios,

desta vez interpretada polo sol,

que xunto a lúa,

une noite e día,

une morte e vida,

une soño e realidade,

para converter a noite en día.

Publicado por Iris Carro

Amante dos instantes poéticos que a a vida me depara. Fascíname o sorprendente da existencia. O latente. O máis fermoso da vida é vivila.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: