Atoparte
(sen) decatarme
nas encrucilladas
que me cohabitan
Imaxinarnos na utopía
dun amor que perdure
Trascender este mundo hipócrita
fuxindo a unha galaxia non descuberta
onde nos alimentemos do luar e a eternidade nos pertenza inmortais